Escoitar

O Concello de Vigo apoia a nova edición da "Feira do Libro Antigo e de Ocasión"

Trece librarías de diferentes puntos de España participarán na 32ª edición, que se ubicará na Praza de Compostela entre o 22 de xullo e o 6 de agosto. A feira está organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración económica do Concello de Vigo, que achega 5.000€ para o seu desenvolvemento

xoves, 20 xul 2023

Este vindeiro 22 de xullo abrirá as súas portas na Praza de Compostela a 32ª edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Vigo, que reunirá a 13 librarías chegadas de diferentes puntos de España para expoñer as súas propostas, nunha feira organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración económica do Concello de Vigo. Estará dispoñible en horario de de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas.

Trátase dun montaxe de case 100 metros de stands onde se exporán libros antigos, raros, curiosos, descatalogados ou difíciles de atopar, a prezos asequibles, así como interesantes revistas, e outras publicacións de coleccionistas. 

Librarías participantes:

  • Madrid Books (Madrid)
  • Librería Becquer (Alicante)
  • Libros Quique (Valencia)
  • Buendía Libros (Albacete)
  • Librería Cajón Desastre (León)
  • Librería Shora (Alicante)
  • Lorca Libros (Madrid)
  • Librería Maxtor (Valladolid)
  • Librería Sarda (Barcelona)
  • Libros Pariente Rueda (Valladolid)
  • Itziar Arranz & Dribas Libros (Madrid)
  • Fiandón (A Coruña)
  • A Tobeira de Oza (A Coruña)
Descargar todas as imaxes