As reservas para o concerto de Alejandro Sanz, á venda o 21 de xullo
O alcalde avanzou que as reservas para a platea do Auditorio de Castrelos quedarán a disposición do público, de forma presencial e na web www.vigoenfestas.com, este venres 21 de xullo.
![Cartel do concerto do programa "Vigo en Festas 2023"](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/0BkX55F4RX5ofxQk9QW2Huf4N3MCiK7qZTiAKT7q.jpeg)
Alejandro Sanz ofrecerá o seu “gran concerto” en Castrelos o próximo xoves 27 de xullo a partir das 22:00 horas e para Abel Caballero será un “concertazo”.
As 5.000 reservas para a platea sairán á venda este venres 21 de xullo en modalidade presencial no Auditorio Municipal da Praza do Rei e en liña na web www.vigoenfestas.com por un prezo de 15 euros. Pola mañá, en horario de 9:30 a 13:00 horas poñeranse á venda 2.500 entradas: 1.250 na web e 1.250 presenciais e, pola tarde, entre as 16:30 a 20:00 horas poñeranse á venda as 2.500 reservas restantes: 1.250 en liña e 1.250 presenciais.
Alejandro Sanz volve aos escenarios de España tras o rotundo éxito da súa xira “Sanz En Vivo”. O circuíto mundial que está a levar a cabo o artista en 2023, con máis de 60 datas confirmadas, xa pasou por México, Colombia, Perú, Ecuador, Chile, Uruguai e Arxentina, logrando alcanzar un total de 27 sold out e máis de 250.000 asistentes. O prestixio da carreira musical de Alejandro Sanz, con máis de 25 millóns de discos vendidos, 25 Latin Grammy, 4 premios Grammy e honrado en 2017 pola Academia de Gravación Latina como Persoa do Ano, tráeo de novo a España cos seus grandes temas nunha xira de concertos inesquecibles.
![Cartel do concerto do programa "Vigo en Festas 2023"](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/0BkX55F4RX5ofxQk9QW2Huf4N3MCiK7qZTiAKT7q.jpeg)
![Imaxe dun dos concertos da xira "Sanz en vivo"](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/SZGmTNPmjvqj8hJjqDCAbngjXyLhb4YKGBCizLbT.jpeg)
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/bviRBTbAa7Ilw9pNH0aEik9gb3AV28JNBTcF83zw.jpeg)
![](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/GBhfS58MkcZ5BxbCnRpBreHCzwvWqIn8sdso4QKj.jpeg)