luns, 17 xullo 2023

Bad Gyal forma parte do Vigo en Festas 2023

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación da artista barcelonesa, que estará o xoves 10 de agosto en Castrelos. As reservas para a actuación de Pablo López sairán mañá a venda. A ocupación hoteleira da fin de semana alcanzou un 82,2%.

Vigo recibe aos responsables de pesca da Unión Europea

luns, 17 xul 2023

O Pazo de Castrelos foi o escenario da benvida aos ministros e ministras de Pesca e Agricultura da Unión Europea. Vigo é durante este luns e o martes 18 de xullo a sede da xuntanza de Pesca dentro da presidencia española do Consello da Unión Europea. Abel Caballero recibiu aos mandatarios que traballarán estes días nas políticas do sector pesqueiro da UE, centrados principalmente na descarbonización do sector e a innovación. O alcalde trasladoulles o bo facer de Vigo neste ámbito e puxo de manifesto ante os ministros e ministras o seu apoio ás medidas pesqueiras sempre que sexan avaladas pola ciencia: "Quero citar a decisión sobre a pesca en augas profundas da UE, que non comparto". Caballero invitou aos asistentes a gozar da cidade: "Estades na mellor cidade do mundo", expresou ao final do seu discurso.