Escoitar

O Concello de Vigo e o Mitma firman un novo convenio por 16,8 millóns de euros para a reforma da Avenida de Madrid

Como avanzou Abel Caballero tras a aprobación do convenio en Xunta de Goberno Local, será o Concello quen execute as obras e o novo titular do tramo unha vez rematadas as mesmas. O Ministerio xa está redactando o proxecto correspondente para adaptar as súas características ao ámbito urbano no que se sitúa.

luns, 17 xul 2023

O alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e o secretario de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, David Lucas, subscribiron o novo texto para renovar o anterior convenio subscrito en 2016 e modificado en 2019.

O Goberno de España aportará 11.200.000 euros dos 16.800.000 orzamentados, sendo aportados polo Concello de Vigo os 5,6 millóns restantes. Con esta actuación permitirase a adaptación da vía ao seu carácter urbano, mellorando a permeabilidade e accesibilidade e conseguindo a humanización e enriquecemento da contorna.

Para Caballero "o proxecto é importantísimo porque humaniza toda a Avenida de Madrid e cédenos este viario. É unha forma de facer urbana a Avenida de Madrid, integrada na cidade", sentenciou.

Descargar todas as imaxes