O alcalde felicita a Sergio Portela pola súa mostra “O impulso de Eros”
O hall do Auditorio Mar de Vigo amosa deste este mércores vinte e tres novas pezas escultóricas do artista Sergio Portela, que brinda unha perspectiva persoal e íntima da sexualidade e a sensualidade cunha mostra na que destaca a estatua dunha muller embarazada. Caballero felicitou a Portela pola beleza e espectacularidade das pezas así como polo traballo desenvolvido ao longo da súa traxectoria artística. A exposición “O impulso de Eros” poderá visitarse ata o vindeiro 27 de xullo.


