O mercado do Calvario acolleu a xornada “Degusta Europa”
O alcalde achegouse a praza de abastos para probar a degustación preparada polo alumnado do CIFP Manuel Antonio. Abel Caballero puxo en valor a gastronomía e o produto da nosa terra: “En Vigo temos o mellor produto de alimentación do mundo e véndese no mercado do Calvario”, declarou o rexedor. Para o rexedor o Calvario “é un mercado excepcional” e louvou aos futuros cociñeiros e cociñeiras polo seu traballo. “Degusta Europa” é un programa da Deputación de Pontevedra posto en marcha para conmemorar o Día de Europa a través de degustacións gastronómicas nas prazas de abastos da provincia de Pontevedra.


