O Concello solicitou fai 5 meses a retirada do emisario de Samil
O alcalde informou que a día de hoxe o Concello non ten resposta nin de Augas de Galicia nin do Porto de Vigo.
O Concello está a espera da autorización de Augas de Galicia e o Porto de Vigo para proceder á retirada do emisario da desembocadura do Lagares, hoxe en día sen uso desde a posta en marcha da nova depuradora.
O alcalde informou que o Concello remitiu unha carta a Augas de Galicia o 21 de decembro e outra ao Porto de Vigo o 8 de febreiro, ambas as dúas sen ter aínda resposta algunha. “Esteticamente non queda ben”, declarou o rexedor. O emisario quedou á vista tras os movementos de terra acontecidos cos temporais do inverno.