O alcalde felicita ao Celta Zorka polo ascenso á Liga Endesa
As xogadoras, o cadro técnico e a directiva do Celta Zorka Recalvi foron recibidos este martes no Concello polo alcalde que lles trasladou os parabéns no nome da cidade polo ascenso á Liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto feminino español. “Foi extraordinario o proceso de ascenso, xogaron marabillosamente ben e o público animou dunha forma fóra de serie”, un aspecto este, o de disputar a fase na casa, que as xogadoras recoñecen que “axudou tanto no proceso”, apuntou Caballero.


