Escoitar

O Concello aboará desde hoxe 20.756 becas de libros

O alcalde informou que o Concello ordenou esta mañá o pago de 4.254.980 euros para as 20.756 axudas de libros de texto validadas e aceptadas. As 1.955 persoas pendentes de subsanación teñen ata o día 8 de maio incluído.

martes, 2 mai 2023

As familias de Vigo recibirán na súa conta bancaria entre hoxe e mañá as axudas para libros de texto, 205 euros por neno e nena en educación Primaria, Secundaria e Especial. O Concello deu orde do pago de 4.254.980 euros para 20.750 estudantes coa súa solicitude validada e aceptada.

O alcalde lembrou que está aberto o período de subsanación para 1.955 solicitudes rexistradas con algún erro. O prazo para a corrección está aberto ata o día 8 incluído. “Todas as solicitudes erróneas son subsanables”, declarou o rexedor. Este procedemento pódese facer de forma telemática, presencial ou pedindo información no 010.

Descargar todas as imaxes