Caballero participou no lanzamento da séptima edición da Business Factory Auto (BFA)
O alcalde achegouse esta mañá ao Hotel Attica 21 para saudar os participantes nesta nova edición que ten como obxectivo captar proxectos innovadores de automoción e movilidade. Entre as autoridades encontrábanse Ignacio Bueno, director de Stellantis en Vigo e Francisco Conde, vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía. Industria e Innovación Dende o BFA apoiaranse proxectos relacionados coa trasformación dixital e o vehículo do futuro, priorizaranse aqueles proxectos que se enmarquen nalgún dos ámbitos tecnolóxicos definidos como de interese para as empresas do sector en Galicia.


