Escoitar

O Paseo de Bouzas abrirá ao público na Brincadeira

Abel Caballero deu conta do avances das obras, coa rampla de accesibilidade á praia. O Paseo de Bouzas estrearase coa festa da Brincadeira a segunda fin de semana de maio.

mércores, 3 mai 2023

O Paseo de Bouzas abrirá ao público “seguramente” para a festa da Brincadeira. Abel Caballero explicou que a obra avanza, a espera da chegada de madeira para completar a zona de paso peonil. O alcalde informou que xa se está a traballar na instalación da rampla de accesibilidade á praia e máis escaleiras na zona da grada para facilitar achegarse ao mar. A bancada ten unha lonxitude de 250 metros.

A actuación incrementa as zonas verdes nun 70%, con cinco grandes zonas de hostalaría nas pérgolas, con xardíns na parte superior.

Descargar todas as imaxes