venres, 8 out 2021
A segunda edición do programa de concertos celebrado entre os meses de maio e setembro, na terraza do Auditorio Mar de Vigo, reuniu arredor de 24.000 espectadores en 54 concertos.
venres, 8 out 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a subvención nominativa mediante convenio con Acopovi que acolle preto de 40 corais e que realiza unha “actividade cultural e social magnífica”.
venres, 8 out 2021
O edil de Cultura, Abel Losada, participou este venres na presentación dun evento que proxectará a curta de Pedro Almodóvar ‘La voz humana’. Paula Cons estará presentando ‘A Illa das mentiras’, sobre as tres mulleres da illa de Sálvora que salvaron a 48 persoas dun naufraxio.
xoves, 7 out 2021
A mostra propón a exhibición de residuos mariños para sensibilizar sobre o respecto ao medio ambiente e poderase visitar ata o 7 de novembro.
xoves, 30 set 2021
A Fundación Laxeiro, sita na Casa das Artes, acolle desde este xoves a exposición “Lodeiro. A xeometría inexacta”, unha composición asentada en obra pouco coñecida do artista co fío narrativo da xeometría. O alcalde avanzou que esta mostra “é o principio do recoñecemento que a cidade vai facer a Lodeiro”.
xoves, 30 set 2021
O alcalde animou á cidadanía a presenciar os concertos que programa un festival que comeza este sábado con Rigoberta Bandini e as entradas esgotadas. Entre o 7 e o 12 de outubro, unha ducia de actuacións en distintos espazos da cidade, ofrecendo variedade de estilos e artistas recoñecidos.
xoves, 30 set 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación das obras para completar a renovación da rúa “no máis alto estándar de Europa”. Tamén deu luz verde á remodelación do campo de fútbol de Santa Mariña cun importe de 500.000 euros.
xoves, 23 set 2021
O concelleiro de Cultura, Abel Losada, e o secretario da Agrupación Fotográfica Galega, Jesús Nieto, presentaron este xoves a nova edición do Maratón “Concello de Vigo” que se celebra esta fin de semana, os días 25 e 26 de setembro.
mércores, 22 set 2021
O alcalde e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes reuníronse este mércores co obxectivo de organizar esta mostra que acollerá a cidade o vindeiro ano 2022.
martes, 21 set 2021
Baixo o lema “Concertos Malditos” desenvólvese un ciclo conformado por tres recitais, que se inicia este domingo, 26 de setembro no Auditorio Municipal. Coa programación de outono a Orquestra Clásica retoma os recitais nas salas de concertos logo das cancelacións obrigadas pola pandemia.