venres, 10 xuñ 2022
A Escola Municipal de Artes e Oficios manterá aberto o período de inscrición ata o 7 de setembro para acceder a calquera das 183 prazas vacantes nos niveis básicos e de iniciación. Cun orzamento de 1,2 millóns anuais, conta con 500 alumnos aproximadamente que reciben a súa formación de balde.
martes, 7 xuñ 2022
O espectáculo terá lugar o catorce de xullo no campo de fútbol das Travesas, detrás do pavillón, e xa vendeu máis de 4.000 pases, segundo os datos ofrecidos este martes polo alcalde. Ademais, Caballero anunciou que sairán á venda outros 2.500 boletos para quen prefira seguir o concerto sentado.
venres, 27 mai 2022
O Concello adica 164.000 euros anuais a prestar un servizo de atención a domicilio a menores de 12 anos, para favorecer a formación e o emprego das nais en situación de dificultade socioeconómica. Por outra banda, o alcalde informou da aprobación dun convenio con CC.OO. por valor de 36.000 euros.
venres, 27 mai 2022
A representación será o domingo 29 de maio ás 18 horas no Auditorio Municipal. A obra de teatro da compañía Desfeita Teatro foi presentada no Concello polo alcalde, que estivo acompañado da directora da obra e da Sala Ártika, Fernanda Barrio, e o representante de Discamino e membro da agrupación teatral, Jacobo Santamarta.
venres, 27 mai 2022
O alcalde deu conta en rolda de prensa este venres da celebración o vindeiro martes, 31 de maio, dun encontro entre a autora e a artista, que teñen unha “destacada presenza”, sobre a actividade creativa.
xoves, 26 mai 2022
Este xoves presentouse en rolda de prensa o novo filme. O cineasta vigués agradeceu ao alcalde o seu apoio e anunciou que rodará a súa próxima cinta en Vigo.
xoves, 26 mai 2022
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións para o financiamento das actividades que organicen empresas neste espazo de titularidade municipal co fin de “apoiar e potenciar a oferta sociocultural da cidade”.
venres, 20 mai 2022
As subvencións municipais, que se rubricarán en sendos convenios, benefician a tres entidades da cidade e xa foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local. Segundo explicou Abel Caballero este venres, o Concello apoia con esta contía á Orquestra Vigo 430, á formación clásica xuvenil KV2211 e á Fundación Carlos Casares.
mércores, 18 mai 2022
O rexedor asegurou esta mañá que Domingo Vilar permanecerá para sempre con nós nas súas obras, como pasa con todos os grandes escritores. Cualificou o seu falecemento como una perda “irreparable” e trasladou o pésame de toda a cidade a familiares e amigos.
luns, 16 mai 2022
Abel Caballero informou este luns das propostas para conmemorar o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, e o Día Internacional dos Museos, o mércores 18. Este martes, desde as 12 horas na Casa Galega da Cultura, lectura de textos de Delgado Gurriarán e o mércores, no MARCO, maratón de linguas, visitas guiadas, obradoiro infantil e un concerto.