A Casa Galega da Cultura acollerá a mostra do Maratón Fotográfico desde o 28 de novembro
A exposición reúne máis de 400 imaxes dun centenar de afeccionados á fotografía. O certame celebrouse o pasado mes de outubro.

Máis de 400 imaxes da cidade forman parte da nova edición da mostra do Maratón Fotográfico que abrirá as súas portas na Casa Galega da Cultura. Desde o 28 de novembro ata o 19 de xaneiro, o público poderá gozar do traballo dos 107 afeccionados á fotografía que este ano participaron neste certame organizado pola Agrupación Fotográfica Galega.