El alcalde y miembros de la Corporación ofrecen una recepción oficial a Chus Lago a su vuelta del Polo Sur

xoves, 22 xan 2009

Abel Caballero, acompañado de otros miembros de la Corporación Municipal de Vigo, recibieron este jueves a la alpinista y concejala de Medio Ambiente, Chus Lago, quien vuelve de conseguir el hito de recorrer en solitario 1.200 kilómetros de la Antártida. Sus compañeros de Corporación felicitaron a Lago, quien llegó a Vigo con 9 kilos menos.

A corporación expresa a solidariedade de Vigo cos familiares dos militares asasinados en Afganistán

luns, 10 nov 2008

O alcalde en funcións do Concello de Vigo, Santi Domínguez, en nome de toda a corporación municipal, expresou este luns as súas condolencias e solidariedade polo falecemento en atentado de dous militares da Brilat esta fin de semana en Afganistán. Santi Domínguez deu lectura a un comunicado, consensuado polos voceiros das tres formacións políticas con representación municipal, e posteriormente mantívose unha concentración silenciosa de tres minutos en recordo do soldado vigués Rubén Alonso Ríos e o seu compañeiro, o asturiano Juan Suárez García.

A Corporación Municipal guarda 3 minutos de silencio en repulsa da violencia de xénero

luns, 18 ago 2008

O Concello de Vigo convocou este luns unha concentración ás portas da Casa Consistorial para mostrar a repulsa da Corporación á violencia de xénero, un día despois do último suceso acontecido na cidade. Decenas de persoas secundaron aos representantes dos tres grupos políticos con representación municipal na concentración, encabezada polo alcalde e o tenente de alcalde.