O Concello acorda conceder a Medalla de Ouro da Cidade aos bombeiros de Vigo
A ONCE e o artista Antonio Quesada -propostos polo PSdeG-PSOE-; a Asociación de Tradutores en Lingua Galega e a Presidenta da Federación de Comerciantes de Vigo, Encarna Álvarez -presentados polo BNG-; e o Club de Campo e o Colexio Mariano -a proposta do PPdeG-, serán os Vigueses Distinguidos de 2009. Os tres grupos municipais acordaron conxuntamente nomear ao pintor Antonio Heredero como o séptimo Vigués Distinguido deste ano
O Concello de Vigo acordou antonte mércores en Xunta de Voceiros que o Corpo de Bombeiros vigués reciba este ano 2009 a Medalla de Ouro da Cidade, ao tempo que validáronse os sete nomes propostos para os Vigueses Distinguidos.
Os tres grupos propuxeron e acordaron nomear ao pintor Antonio Heredero como Vigués Distinguido de 2009, xunto coas seis propostas -dous por grupo municipal- aprobados tamén en Xunta de Voceiros.
O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Carlos López Font, propuxo ao artista Antonio Quesada e á Fundación ONCE como candidatos ao galardón; e a voceira nacionalista, María Méndez, propuxo á Asociación de Tradutores en Lingua Galega e á Presidenta da Federación de Comerciantes de Vigo (FECOVI), Encarna Álvarez. Mentres, o grupo municipal do PP, a través da súa voceira, Lucía Molares, presentou as propostas do Club de Campo e o Colexio Mariano.
Como xa acontecera o pasado ano, todos os nomes propostos por cada grupo municipal foron aprobados por consenso, ademais das candidaturas conxuntas de Antonio Heredero como Vigués Distinguido e do Corpo de Bombeiros para a Medalla de Ouro da Cidade. O vindeiro luns, 23 de marzo, celebrarase o Pleno extraordinario da Corporación que ratificará a concesión da Medalla da Cidade e o nomeamento dos Vigueses Distinguidos de 2009.