Escoitar

O barrio de Teis será mañá o escenario da representación da "Reconquistas na rúa"

Unha ducia de actores farán mañá sábado, na praza fronte ao mercado de Teis, a partires das 17:00 horas, a cuarta representación dos feitos acaecidos hai douscentos anos, con motivo do bicentenario da Reconquista de Vigo.

venres, 20 mar 2009
Organizada pola Tenencia de Alcaldía, esta actuación recollerá as tensións vividas entre vigueses e franceses durante a ocupación, e a organización da resistencia e da revolta fronte aos invasores.

As escenas estarán ao cargo dunha ducida de actores da compañía "Animatium", que ataviados con roupas e utensilios da época recrearán a situación vivida nesas datas. Os integrantes do grupo invitan aos veciños e veciñas a sumarse como "extras" das accións representadas e que serán a base dunha curtametraxe na que se recollerán diferentes momentos das actuacións.