luns, 16 mar 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, subliñou este luns que Vigo contará "por primeira vez" cun Plan Estratéxico de Obras dos Mercados Municipais. Na presentación do proxecto de reforma dos mercados do Progreso, Calvario, Teis, O Berbés, Bouzas e As Travesas, o nacionalista salientou que os investimentos previstos ascenden a 7.883.030 euros para "adaptar os mercados municipais de Vigo ás necesidades actuais".
luns, 16 mar 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no Club Financeiro de Vigo na presentación desta Guía elaborada pola empresa Canon co obxectivo de mellorar o medio ambiente a través da oficina. Na súa intervención, o rexedor salientou o papel dos municipios na reducción do cambio climático.
luns, 16 mar 2009
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, anunciou este luns que a terceira edición do concurso Lingua de Amor inclúe unha nova modalidade adicada ás cancións. Na presentacion do concurso, no que tamén participou a secretaria xeral do Consello da Xuventude, Azucena Rodríguez, a edil do BNG explicou que a data límite para enviar tanto as declaracións de amor, como as cancións de amor, é o 10 de maio.
luns, 16 mar 2009
O vindeiro domingo, 22 de marzo, disputarase a Copa de Europa X Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, segundo anunciou este luns o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na presentacion da proba, na que participarán arredor de 300 corredores, o edil nacionalista subliñou que a espectacularidade "está garantida", xa que o monte de Fragoselo é "un marco incomparable".