O alcalde visita o novo parque infantil de Maruja Mallo, que multiplicou os xogos e o seu tamaño
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, acudiron este venres ao renovado parque infantil localizado na Praza de Maruja Mallo, no Calvario, que cuadriplicou o seu tamaño, ampliou os xogos infantís e se completou cun xogo biosaudable para todas as idades. O investimento municipal ascendeu aos 60.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, visitaron este venres o novo parque infantil de Maruja Mallo, renovado con novos xogos infantís e un parque biosaudable que multiplicaron por catro o seu tamaño con respecto ao anterior. O investimento na mellora ascedeu aos 60.000 euros.
Abel Caballero e Raquel Díaz comprobaron o estado da nova superficie de xogo, de 960 metros cadrados fronte aos 225 anteriores, que se divide en distintos espazos amortiguadores formados por area, caucho, céspede artificial e un espazo lúdico libre.
Antes de ser renovado, o parque infantil contaba dúas estruturas de columpio e dous xogos de molle localizados sobre area. Na actualidade, os nenos poden atopar un xogo múltiple, dous columpios -un para bebés e o outro para maiores-, un tobogán, catro molles, unha mesa e unha casita-escalada.
Segundo explicaron, no deseño da área utilizáronse diferentes superficies amortiguadoras para cubrir as demandas de seguridade esixidas pola normativa vixente e ao mesmo tempo as necesidades de xogo das diferentes idades, utilizando area no espazo para nenos máis pequenos -polo seu carácter máis lúdico- e caucho continuo para aqueles elementos de maior risco de caída e que na súa zona de seguridade non permiten ningún outro uso.
Para completar o espazo para todas as idades instalouse un xogo biosaludable indicado para todas as idades, valouse para delimitar perfectamente a zona de uso e colocouse a cartelería indicadora de usos, adaptando así o parque infantil á normativa vixente.
Descargar todas as imaxes