María Méndez salienta que o Servizo de Axuda no Fogar atendeu 689 persoas no 2008, un 20% máis que no 2007
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, subliñou este venres que o Servizo de Axuda no Fogar atendeu un total de 689 persoas ao longo de todo o 2008, o que supón un incremento do 20% respecto ao 2007. A edil así o destacou no balance do servizo que leva a cabo o seu departamento a través dun convenio asinado coa Cruz Vermella de Vigo e que no 2008 contou cun orzamento de 1.475.000 euros, un 18,6% máis que no 2007.
"Conseguimos incrementar en 138 persoas o servizo no ano 2008, co cal logramos disminuir considerablemente a lista de agarda", explicou a concelleira de Benestar. María Méndez indicou que este ano 2009 tamén se producirá un notable incremento das persoas usuarias deste servizo, que está dirixido a persoas con déficit de autonomía, polo que o orzamento aumentará un 5,7%, chegando aos 1.564.000 euros.
A edil do BNG explicou que a maioría dos usuarios e usuarias deste servizo son "persoas con recursos limitados", polo que salientou que o 70% están exentos do pago. Asemade, destacou que das persoas atendidas, 539 eran mulleres, mentres que 150 eran homes. Outro dato no que a concelleira de Benestar Social fixo fincapé se refire a que o 71,4% dos usuarios son persoas de máis de 75 anos, en concreto, 492 peroas.
María Méndez sinalou que dende a súa creación, no ano 1988, este servizo da Concellería de Benestar Social leva atendidas un total de 2.179 persoas. Explicou que se trata dun programa individualizado, de carácter preventivo e rehabilitador, que integra actuacións como atención persoal, doméstica, de apoio psicosocial e familiar, que se realizan no domicilio da persoa dependente nalgún grao, co obxectivo básico de favorecer o incremento da autonomía persoal no seu medio habitual de vida. "Queremos que estas persoas permanezan o máximo de tempo posible nos seus domicilios porque así incrementamos a súa calidade de vida", sinalou a concelleira, quen engadiu que cos programas individualizados que se levan a cabo se pretende incrementar a autonomía dos usuarios e usuarias e fomentar o desenvolvemento de hábitos saudabeis.
Para acadar estes obxectivos, o equipo técnico do SAF conta cun responsable, 5 traballadoras e traballadoras sociais, un psicólogo, un avogado, dous administrativos, 90 auxiliares, un condutor e 43 voluntarios. María Méndez sinalou que os requisitos para valorar as solicitudes rexistradas se basean en diversos criterios, entre os que se atopan o feito de que as persoas demandantes estean empadroadas no Concello de Vigo, que conten cun apoio familiar mínimo, e a valoración do seu grado de dependencia.
A edil nacionalista salientou que o incremento do servizo foi "notable" dende o 2005 grazas a aportación realizada pola administración autonómica, "que aportou os cartos necesarios para poder desenvolvelo". "Esperamos que co cambio de goberno na Xunta os compromisos se manteñan", salientou. Asemade, a preguntas dos xornalistas expresou a súa confianza en que "Núñez Feijóo reflexione" porque ao seu xuízo, o que significaría para os Concellos a desaparición do Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar, sería "unha catástrofe". María Méndez lembrou que 270 concellos galegos teñen asinados convenios co Consorcio, en virtude dos cais "foi posible dotar de diferentes servizos a eses concellos".
A concelleira de Benestar Social salientou que, no caso de Vigo, se atopan en fase de licitación o centro de día e a galescola do Parque Tecnolóxico, e está rematado o centro de día da rúa O Grove, "que non quixemos inagurar na campaña", e hai outro en proxecto. "Esperamos que a nova Xunta reconsidere o que significan estas prestacións, que son públicas e para todos e todas", destacou. Segundo María Ménde, para o Concello de Vigo "resultaría tremendamente gravoso que desaparecera algo tan importante como o Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar".
Descargar todas as imaxes