As obras do Plan E empregarán a 1.500 persoas en Vigo
Na súa visita ás obras de humanización da rúa Coruña, o alcalde, Abel Caballero, fixo balance este venres dos proxectos adxudicados do "Plan Zapatero" e incidiu en que as 42 obras do mesmo na cidade crearán case 1.500 empregos directos, aproximadamente un 40% máis dos esixidos nos pregos de condicións municipais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que os 42 proxectos adxudicados polo Concello con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local (Plan E) empregarán de modo directo a 1.490 persoas, dos que 416 proceden das listas do INEM de Vigo.
O goberno municipal adxudicou hoxe venres o último proxecto do Plan E en Vigo, a adaptación, renovación e conservación das instalacions eléctricas dos centros educativos públicos da cidade, que aporta 30 traballadores e supón un investimento de 354.000 euros.
O rexedor vigués visitou na mañá do pasado mércores os traballos de humanización que se están a levar a cabo en Faustino Álvarez, a primeira obra do Plan E en Vigo que ten comezado ata o momento a súa execución. O vindeiro luns, 16 de marzo, comezarán as melloras na rúa Val Miñor e as humanización restantes se iniciarán aproximadamente o 30 de marzo. Todos os proxectos do Plan E deberán estar rematados ao longo de 2009.
O alcalde afirmou que as adxicacións do Plan E en Vigo suman os 52,2 millóns de euros asiganados á cidade, polo que non se perde "nin un euro". Asemade, Abel Caballero incidiu no incremento dos empregos adxudicados, un 40% máis dos 971 mínimos esixidos nos pregos de condicións municipais.
Dos 42 proxectos adxudicados polo goberno municipal, a maior parte do investimento, 33,6 millóns de euros, van dirixidos á humanización de 29 rúas distribuidas por toda a cidade. O Concello tamén aprobou outras obras como novas dotacións deportivas en Navia, unha biblioteca en Martínez Garrido, a reurbanización de varias rúas do Casco Vello ou a eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios municipais, entre outras.
Humanización da rúa Coruña
Esta mellora, con cargo aos orzamentos municipais de 2008, suma un investimento de 1,4 millóns de euros, e nesta rúa se renovará o pavimento, as instalacións de alumeado, saneamento, abastecemento e rego, se mellorará o mobiliario e o arbolado actual e se redistribuirán os espazos.
Segundo indicou o alcalde, o tramo entre Praza de América e Eugenio Fadrique reducirá de cinco a catro metros o espazo para os vehículos, con dous carrís para cada sentido da circulación; e o tramo entre Eugenio Fadrique e Beiramar pasa a ter tres carrís e beirarrúas de 11 metros de ancho.