O Plan Estratéxico de Obras dos Mercados Municipais contempla un investimento de máis de 7.800.000 de euros
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, subliñou este luns que Vigo contará "por primeira vez" cun Plan Estratéxico de Obras dos Mercados Municipais. Na presentación do proxecto de reforma dos mercados do Progreso, Calvario, Teis, O Berbés, Bouzas e As Travesas, o nacionalista salientou que os investimentos previstos ascenden a 7.883.030 euros para "adaptar os mercados municipais de Vigo ás necesidades actuais".
O tenente de alcalde destacou que o deseño do Plan Estratéxico de Obras dos Mercados Municipais foi "consensuado cos propios responsables dos mercados, e non nun despacho", polo que "recolle as súas peticións". Asemade, indicou que dun investimento total de 7.883.030 euros se solicitará á Xunta unha subvención de 5.518.121 euros, acolléndose á convocatoria para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais da Consellería de Innovación e Industria. "Se recibimos esta subvención, no 2009 iniciaremos todas as actuacións, e de non ser así se retrasarían os prazos de finalización", indicou Santi Domínguez. Neste sentido, quixo deixar claro que as obras se levarán a cabo en calquera caso, posto que "son actuacións para deixar aos mercados cun lavado de cara integral que se enmarca na aposta polo pequeno e mediano comercio da cidade".
Santi Domínguez explicou os orzamentos e as actuacións que se acometerán en cada instalación municipal. Así, salientou que será o mercado do Progreso o que experimentará unha maior transformación, cun investimento que ascende a 3.825.198 euros. Farase unha reforma completa do edificio, mantendo unicamente a estrutura, en razón das novas necesidades, de forma que na planta alta se ubicará o supermercado, un bar-restaurante, unha gardería, unha consigna e un posto de atención ao cliente. Xa no exterior, se acometerá a reforma integral da praza superior, vinculándoa ao mercado, e se renovará o mobiliario urbano, incorporando vexetación, pérgolas e outros elementos que lle confiran identidade dentro da trama urbana da cidade. O prazo de execución estimado é de 14 meses, con inicio no mes de outubro deste ano, e segundo adiantou o tenente de alcalde, durante este tempo, establecerase un mercado provisional na superficie da plaza superior.
Nas obras previstas no mercado do Calvario investiranse 1.105.433 euros e inclúen o recebado e repintado exterior do mercado, a substitución de baixantes de pluviais nas fachadas, a revisión da impermeabilización das instalacións, a colocación dunha reixa na porta posterior, o cambio de porta de acceso por porta automática de tres follas, a disposición dun grupo de escaleiras electromecánicas, a remodelación dos aseos existentes na planta baixa, e a habilitación de aseos na planta superior, a mellora da iluminación interior, entre outras actuacións. O prazo de execución estimado é de 6 meses a partir do mes outubro de 2OO9.
O tenente de alcalde sinalou que a actuacións previstas no mercado de Teis ascenden a 889.242 euros e nelas se contempla, entre outras obras, a renovación do pavimento interior nos espazos comúns, e da rede de saneamento, a instalación de portas de acceso automáticas, a substitución das escaleiras actuais por un grupo de escaleiras electromecánicas, a redistribución dos aseos, incorporando un baño adaptado, a dotación dunha compactadora de basuras no espazo exterior e a instalación de captadores solares na cuberta. O prazo de execución estimado tamén é, neste caso, de 6 meses a partir do mes de outubro.
Respecto ao mercado do Berbés, a remodelación prevista ascende a 730.151 euros e inclúe a colocación de portas corredeiras automáticas nas entradas, a ubicación do único posto da planta alta á planta baixa, a instalación de ascensor para a comunicación entre plantas, o control de acceso ao aparcamento e a instalación de aseos na planta semisoto, a instalación de escaleiras mecánicas, a renovación do montacargas e o cambio das persianas de seguridade exteriores de todo o mercado, incluíndo os comercios exteriores da planta semisoto. O prazo de execución estimado é de 14 meses, con inicio no mes de outubro deste ano.
O nacionalista deu conta das actuacións previstas para o mercado de Cabral, e ao respecto explicou que a necesidade de ampliar a superficie para o desenvolmento do mercado plantexa como solución máis sinxela a creación dunha planta máis coas súas correspondentes escaleiras e ascensor. Crearase tamén un novo acceso dende a avenida a través dunha pasarela, levarase a cabo a substitución das portas de acceso por outras dotadas de automatismo de apertura, o cambio das carpinterías, a colocación de falsos teitos de escaiola, a renovación dos postos actuais e incorporación de pechamentos lixeiros aos novos, a mellora da iluminación, a colocación dun sistema de plataforma con avance por cremallera, para facilitar a mobilidade das personas que o precisen e a intervención sobre o pavimento do contorno do edificio, dotando de beirarrúas todo o perímetro. Estas actuacións contan cun orzamento de 601.224 euros e un prazo de execución estimado de 6 meses, a partir do mes de outubro de 2OO9.
En canto ao mercado de Bouzas, o tenente de alcalde indicou que a reforma prevista ascende a 446.053 euros e ten un prazo de execución previsto de seis meses dende outubro. Na remodelación se inclúen o recebado e repintado exterior do mercado, a substitución de baixantes de pluviais nas fachadas, a instalación de portas de acceso automáticas, a renovación do falso teito interior, do pavimento interior, da rede interior de saneamento e desaugues, das beirarrúas no contorno do mercado, a colocación de rampas de acceso para persoas con discapacidade, e a instalación de captadores solares na cuberta para producción de enerxía eléctrica.
Finalmente, respecto ao mercado das Travesas Santi Domínguez sinalou que é o que conta cun menor orzamento, 285.726 euros, posto que "se acaba de realizar unha reforma e polo tanto é o que presenta menos necesidades". Neste sentido, indicou que as actuacións inclúen a cuberta dos peiraos de carga, a instalación dun sistema audiovisual a través de pantallas repartidas polo mercado, a dotación de captadores solares na cuberta para producción de enerxía eléctrica, a colocación de acuarios colectivos en zona de peixería e a mellora da eficiencia enerxética do sistema de iluminación indirecta. O prazo de execución estimado, con inicio no mes de outubro de 2OO9, é de 6 meses.
Descargar todas as imaxes