Escoitar

Coruxo acolle o vindeiro domingo a Copa de Europa X Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike

O vindeiro domingo, 22 de marzo, disputarase a Copa de Europa X Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, segundo anunciou este luns o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na presentacion da proba, na que participarán arredor de 300 corredores, o edil nacionalista subliñou que a espectacularidade "está garantida", xa que o monte de Fragoselo é "un marco incomparable".

luns, 16 mar 2009
1237211892Mountain.JPG
Os adestramentos da Copa de Europa X Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, a segunda proba do campionato, terán lugar os vindeiros venres e sábado, de 9 a 18 horas nos dous casos; o domingo a proba comezará ás 10 horas coa primeira manga, mentres que ás 12 horas está prevista a celebración da segunda manga. Neste sentido, o concelleiro de Deportes sinalou que na proba participarán os máximos referentes de mountain bike, non só do ámbito galego, senón tamén do internacional.

Dende a organización, Guillermo Janeiro lembrou a historia da proba. Sinalou que hai dez anos, lle propuxeron ao concelleiro de Deportes de entón, Santi Domínguez, celebrar unha competición de ámbito local. "Nese momento acadamos o seu respaldo e dende entón Vigo xa conseguiu ser un referente internacional onde compiten os mellores corredores do mundo", explicou Guillermo Janeiro. "Vigo non se pode permitir estar un ano sen Mountain Bike", asegurou.
Descargar todas as imaxes