Escoitar

O alcalde presenta unha guía práctica para mellorar os hábitos ecolóxicos nas oficinas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no Club Financeiro de Vigo na presentación desta Guía elaborada pola empresa Canon co obxectivo de mellorar o medio ambiente a través da oficina. Na súa intervención, o rexedor salientou o papel dos municipios na reducción do cambio climático.

luns, 16 mar 2009
1237209213guia.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudíu este luns ao Club Financeiro de Vigo para presentar a Guía de Hábitos Ecolóxicos na Oficina, elaborada pola empresa Canon, co obxectivo de pautar accións máis respectuosas co entorno nos postos de traballo.

Esta guía práctica se enmarca dentro do Programa Oficina Responsable da empresa e oferta información útil tanto para as entidades como para os traballadores nos campos da eficiencia enerxética, o aforro dos recursos e a axeitada xestión dos residuos.

O alcalde destacou esta iniciativa cara á concienciación do todos a prol do desenvolvemento sostible e subliñou o papel dos municipios na reducción das emisións e do cambio climático. Abel Caballero exemplificou a aposta polo transporte colectivo en Vigo coa nova liña que da servizo aos traballadores da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën.
Descargar todas as imaxes