Santi Domínguez presenta a nova web do IFEVI con obxectivo de reforzar a promoción do recinto
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este venres que o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) conta xa cunha nova páxina web que destaca por ser moderna, innovadora, dinámica e, sobre todo, funcional para todos os seus usuarios e usuarias e vai permitir reforzar a promoción do recinto. O novo portal, que ten por obxectivo "mellorar a comunicación entre o IFEVI e o seu público efectivo", permite entre outras opcións, realizar percorridos virtuais polas instalacións, coñecer os eventos programados, buscar a información desexada e realizar xestións administrativas.
"Con esta renovación quixemos dotar ao Instituto Feiral de Vigo da presenza en internet que se merece como un dos principais axentes económicos da cidade", destacou o tenente de alcalde. O nacionalista subliñou asemade que "mellorar as prestacións dun instrumento tan importante como a páxina web de calquera institución" é outro dos retos propostos, así como lograr un achegamento a calquera persoa con interese na actividade do IFEVI e poñer a disposición dos usuarios "información completa e actualizada sobre a Institución".
O tenente de alcalde explicou que a renovación da páxina web do recinto feiral non supón un cambio de imaxe, senón que esta se respecta, "mantendo o logo e as cores". Entres as novidades máis importantes, Santi Domínguez destacou a inclusión dunha animación de entrada, "que potencia a imaxe corporativa e as actividades que se realizan"; un percorrido visual polas diferentes instalacións, como os pavillóns, o salón de actos e as oficinas, co obxectivo de que os usuarios "poidan coñecer os aspectos que o recinto feiral oferta"; unha galería de imaxes interactivas "que reflicten o que se ten feito no IFEVI e as súas posibilidades". Ao respecto sinalou que estes apartados, que non existían na páxina anterior, resultan sumamente importantes para os organizadores de concertos e feiras, xa que poden comprobar vitualmente as posibilidades que ofrece o recinto.
A páxina tamén inclúe un calendario interactivo no que se recollen os principais eventos relacionados coa axenda do recinto feiral; un servizo de boletín de novas, ao que os usuarios se poden suscribir para recibir a información actualizada do IFEVI; un buscador por palabras, que segundo o tenente de alcalde "permite que os usuarios poidan buscar rapidamente a información que lles interesa". Ademais, Santi Domínguez destacou que esta nova aplicación non só resulta funcional para os seus usuarios e usuarias, senón tamén para o persoal do propio recinto.
"A renovación desta web é unha mostra do esforzo para manter ao IFEVI como o recinto feiral máis importante de Galicia e un dos máis importantes do estado español", destacou o nacionalista, quen sinalou que os 100.000 euros de superávit cos pechou o exercicio pasado demostra que o IFEVI se autofinancia. Neste sentido indicou que as previsións apuntan a que esta cifra se manteña este ano. "Os distintos salóns, os concertos e as probas deportivas que se celebrarán permiten sinalar que o 2009 tamén vai ser un bo ano", afirmou. En total, hai arredor de 30 eventos pechados ata fin de ano.
Santi Domínguez, por outra banda, anunciou que o IFEVI formará parte da futura Fundación Vigo Convention Bureau, "da que esperamos ter a acta fundacional nos vindeiros días".
Descargar todas as imaxes