Municipios españois e portugueses reclaman máis presencia local no deseño dos orzamentos comunitarios

mércores, 20 xuñ 2018

"Temos que participar de forma activa no deseño orzamentario europeo", dixo Abel Caballero no Cumio Hispano-Luso sobre Infraestruturas e Cooperación Transfronteiriza que se celebra en Vigo. Os máximos responsables das asociacións de Entidades Locais de España e Portugal, convocados pola Deputación de Pontevedra, reafirmaron o seu interese en traballar unidos para prantexar a súas demandas cunha voz única e forte.