O alcalde defendeu a apertura de fronteiras aos refuxiados nun acto escolar do Día da Paz

luns, 30 xan 2017

O alcalde achegouse esta mañá ao colexio dos Maristas onde un millar de nenos e nenas participaban nun acto de entrega de material escolar para os refuxiados sirios. Baixo o lema, La no violencia: camino para la paz", Caballero fixo un chamamento á apertura de fronteiras aos refuxiados e avogou porque Vigo sexa unha cidade hospitalaria coas vítimas da guerra de Siria.

O alcalde dálle á benvida á cidade aos 45 nenos saharauis que participan no programa Verán en paz

venres, 22 xul 2016

Os nenos e nenas saharauis que participan no programa Verán en paz visitaron esta mañá o Concello de Vigo onde recibiron a benvida do alcalde. Durante a súa intervención, Caballero puso en valor a labor humanitaria que realizan as familias acolledoras ao permitir que estes nenos deixen durante dous meses os campamentos de refuxiados de Tinduf en Alxeria para veranear en Vigo. O Concello coopera coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui cunha achega de 26.000 euros. <br />

O goberno local apoia o labor solidario do proxecto vigués "En Moto polo refuxiado"

venres, 3 xuñ 2016

O alcalde recibiu este venres aos responsables de "En Moto polo Refuxiado", unha serie de accións coas que queren amosar a solidariedade da cidade coas persoas refuxiadas e captar fondos para prestarlles axuda. O proxecto recibiu o respaldo do rexedor que apuntou que Vigo "quere que haxa futuro de acollida para a xente que o precisa e que acode a Europa" na procura de axuda. <br />

Vigo valora irmandarse coa cidade chinesa de Hunan para "estreitar relacións" económicas

xoves, 14 xan 2016

O alcalde recibiu este xoves a representantes do goberno da provincia chinesa de Hunan, como parte dunha iniciativa liderada por Afundación para captar inversores extranxeiros en proxectos estratéxicos galegos, nos sectores agroalimentarios e da automoción. Caballero ve "con agrado" a proposta de irmandarse coa urbe asiática se significa aumentar as opcións de atraer investimentos.

Os empresarios vigueses que viaxaron a Celaya constataron "unha enorme capacidade de expansión" en México

mércores, 19 nov 2014

O alcalde acompañará a principios de 2015 á delegación de empresarios vigueses que quere volver a Calaya, constatada a capacidade de expansión que detectaron na cidade mexicana na viaxe que realizaron recentemente, acompañados do concelleiro David Regades, en representación do Concello. Así o avanzou esta mañá de mércores o rexedor, logo de manter un encontro con 25 destes empresarios cos que realizou unha análise detallada desta estancia.

Vigo e a cidade mexicana de Celaya formarán un "proxecto cidadán conxunto"

luns, 22 set 2014

Os respectivos alcaldes de Vigo e a cidade mexicana de Celaya coincidiron esta mañá ao augurar que hoxe, co acto de irmanamento de ambas localidades, "se inicia a senda dun camiño moi duradeiro". Deste xeito, suscribía Caballero as verbas do seu homólogo Ismael Pérez, antes da sinatura que formalizou este acordo de cooperación e que tivo lugar no Pazo Quiñones de León.