Escoitar

O goberno local aprobará os convenios con UXT, Agarimo e os colectivos “Monte da Mina” e Pobo Saharaui

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará na súa sesión deste xoves os convenios de colaboración anuais co sindicato UXT (37.000 euros), coa Asociación Veciñal “Monte da Mina” (17.000 euros), coa Asociación de Amas de Casa “Agarimo” (13.000 euros) e con o colectivo Solidariedade Galego co Pobo Saharaui (30.000 euros).

mércores, 8 xul 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores que a Xunta de Goberno Local do Concello aprobará mañá o proxecto de convenio con UXT Vigo no marco do fomento de emprego para o desenvolvemento do programa Activigo Asesoramento Persoas Afectadas por ERTE e Desempregadas por un importe de 37.000 euros.

Ademais, o rexedor tamén informou da visto e prace que dará o goberno local ao proxecto de convenio coa Asociación Veciñal Cultural e Deportiva “Monte da Mina” de Castrelos para axudar ao financiamento dos gastos de mantemento da entidade entre os meses de outubro-2019 a setembro-2020 e para a coordinación e xestión do viveiro de asociacións nas súas instalacións por importe de 17.000 euros.

A Xunta de Goberno tamén aprobou o proxecto de convenio coa Asociación de Amas de Casa e Consumo “Agarimo” para axudar ao financiamento dos gastos de mantemento e aluguer del local social, necesarios para o desenrolo das actividades da entidade por un importe de 13.000 euros.

Por último, tamén sairá a diante a addenda ao convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o desenvolvemento do proxecto de acollemento familiar temporal Vacacións en Paz (2019-2021). Tal e como explicou o alcalde en rolda de prensa, a pandemia sanitaria do Covid-19 obligou a suspender o proxecto “Vacacións en Paz”, que foi substituído polo proxecto de urxencia alimentaria en campamentos saharauís 2020 cun importe de 30.000 euros.