Escoitar

Vigo recupera os niveis de tráfico anteriores á pandemia do Covid-19

Abel Caballero informou este mércores de que a cidade está a recuperar os niveis de tráfico que se rexistraban antes da crise sanitaria motivada pola pandemia do Covid-19. Os estudos realizados polo departamento de Mobilidade indican que a intensidade de vehículos durante a última semana de xuño foi tan só de 2.000 menos que hai un ano.

mércores, 8 xul 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este mércores dunha análise comparativo de tráfico realizado polo departamento de Mobilidade do Concello. Segundo indicou, o estudo buscaba coñecer o impacto no tráfico das medidas de restrición levadas a cabo a causa do Covid-19 e para iso realizou puntos de medida nas avenidas de Madrid, Arquitecto Palacios e Gran Vía.

Na comparativa semanal observouse que Vigo xa case rexistra números pre-confinamento, posto que na última semana de xuño na Avenida da Gran Vía houbo unha Intensidade Media de Tráfico de 20.233 vehículos, cando no mesmo trimestre do ano anterior contabilizáronse 25.600 vehículos.