O Concello adica a persoas con dificultades económicas 2.650.000 euros, "o maior programa social da historia"

luns, 17 xuñ 2013

O alcalde presentou hoxe "o maior programa social da historia da cidade", un importe de 2.650.000 euros para atender a persoas con dificultades económicas. Establecerase en dúas convocatorias: a primeira, dotada con 200.000 euros, destiñada a comedores sociais e bancos de alimentos e, a segunda, con 2.450.000 euros, para atención directa de familias de Vigo.

O Concello súmase á celebración do Día da Esclerose Múltiple

mércores, 29 mai 2013

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi hoxe mércores o encargado de dar lectura ao manifesto a favor das persoas con esclerose múltiple, nun acto organizado pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo). En rolda de prensa, o rexedor destacou a "cooperación permanente" do Concello con este colectivo que hoxe colocou unha mesa informativa na Lonxa do Concello.

O alcalde insta á Xunta a asumir as súas competencias no tratamento asistencial contra as drogas

martes, 14 mai 2013

O goberno local deu luz verde ao prego de condicións para o concurso público da contratación do servizo sanitario asistencial de Cedro, cun importe de 673.913,81 euros. Así o explicou hoxe martes o rexedor nunha comparecencia na que tamén instou á Xunta a asumir o custo total do tratamento médico da drogadicción, cun importe que ascende a 1,5 millóns de euros.