mércores, 10 xul 2024
Abel Caballero entregou este mércores medallas personalizadas ás 60 mozas e mozos das escolas deportivas de vólei, baloncesto e balonmán que recibiron un trofeo por xogo limpo, boa convivencia e deportividade, na décimo quinta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, celebrado na localidade portuguesa de Braga entre o 30 de xuño e o día 5 de xullo. Tras trasladar á mocidade presente no acto o seu “orgullo” polo galardón que obtiveron, o alcalde remarcou a aposta do Concello de Vigo polo deporte, asegurando que conta cunha importancia máxima para o goberno municipal.
martes, 9 xul 2024
O alcalde recibiu a Isaura Clavero, viguesa e a primeira muller enxeñeira aeronáutica de España, e louvou a súa traxectoria, que cualificou como “brillante” e trasladou o seu orgullo pola existencia en Vigo de persoas coma ela.
martes, 9 xul 2024
A Pinacoteca Fernández del Riego desprega desde hoxe a exposición “O teu rostro na multitude”, vertebrada ao redor de 29 retratos en miniatura dos séculos XVIII e XIX, que pertencen ao Legado de Policarpo Sanz e Irene de Ceballos, e que foron restauradas, por encargo do Concello, pola experta conservadora Carmen Espinosa Martín. O “rescate”, restauración e exposición das pezas foi posta en valor por Abel Caballero ao inaugurar, cos concelleiros responsables de Cultura, Carmela Silva e Gorka Gómez, a mostra que permanecerá aberta ata o 9 de marzo de 2025.
luns, 8 xul 2024
Nove vasoiras de platino, conseguidas ininterrompidamente desde 2008 en todas as edicións deste premio de ámbito nacional, acreditan a Vigo como “a cidade máis limpa de España”. Así o asegurou hoxe Abel Caballero ante unha representación dos equipos humanos e técnicos que cada día realizan a limpeza da cidade.
venres, 5 xul 2024
O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, achegáronse esta mañá á Porta do Sol, onde se desenvolveu a xornada de divulgación «As nosas bateas, fonte de vida», dentro da programación do Festival de Arquitectura Urbana TAC!. O acto, que contou coa participación de OPMEGA, arrincou coa lectura dun manifesto, a realización de actividades interactivas e a instalación de paneis divulgativos, e finalmente, unha degustación do produto estrela, o mexilón.
venres, 5 xul 2024
Abel Caballero anunciou este venres que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de humanización da rúa Pintor Lugrís, que inclúe a instalación de dúas ramplas mecánicas, e a tramitación do expediente do plan de actuacións para minimizar as perdas da rede de abastecemento de auga en Santa Cristina de Lavadores, Navia e Coutadas-Teis.
venres, 5 xul 2024
A Galería A3 do Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle, desde hoxe ata o 15 de setembro, a exposición “On the Table”. Comisariada por Isidro Blasco, a mostra exhibe obras de Din Matamoro, Luis Salaberria, Teresa Moro, Montserrat Gomez Osuna, Virginia Frieyro e Sandra Rein. Caballero afirmou hoxe na inauguración que se trata dunha exposición do máis alto nivel pola singularidade de cada unha das pezas expostas.
xoves, 4 xul 2024
O alcalde reuniuse hoxe coa xunta permanente da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria para abordar os preparativos do pregón deste ano, así como da procesión que terá lugar o domingo 4 de agosto. Caballero compartiu con José Vidal, Párroco da Colexiata, Marora Martín-Caloto e José Troncoso, irmá maior e vicepresidente da confraría, respectivamente, así como con Carlos Borrás, secretario da xunta directiva, a organización programada para a celebración relixiosa.
xoves, 4 xul 2024
Abel Caballero reclamou este xoves, no acto de apertura do rehabilitado espazo anexo do Museo de Arte Contemporánea como “MARCO inclusivo”, a “cooperación e a atención que agora non temos” doutras institucións coas competencias de cultura para promocionar e desenvolver a cultura de Vigo. “A primeira cidade de Galicia necesita investir e o museo é unha mostra clara”, defendeu o alcalde.
xoves, 4 xul 2024
Abel Caballero informou esta mañá dalgunhas medidas que establecerá o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito da vivenda. Tamén destacou que dende o goberno municipal, “vimos de poñer en marcha un programa de axudas para potenciar e facilitar o alugueiro de vivendas baleiras na cidade”.