Caballero eloxia a valentía do avogado Roberto González Pastoriza no descubrimento dunha placa co seu nome nun edificio da rúa Progreso

xoves, 9 mai 2013

"É para min hoxe un privilexio descubrir esta praca dun grande defensor da liberdade". Con estas verbas referíase Caballero ao acto de homenaxe ao avogado Roberto González Pastoriza, quen desde hoxe xoves conta cun recoñecemento público na vivenda que ocupou na rúa Progreso, esquina con Pracer. Durante o acto, o alcalde louvou a figura deste xurista represaliado polo seu compromiso coa democracia e as liberdades.

A Alcaldía acolle a arte fotográfica de tres novos creadores

mércores, 8 mai 2013

Unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa municipal que leva a novos e recoñecidos artistas vigueses ás depedencias da Alcaldía, foi inaugurada este mércores polo alcalde de Vigo. Patricia Larrea, Juan Teixeira e David Muíños amosan os seus traballos, de temáticas variadas, mais unidos pola fotografía.