Escoitar

O goberno local colaborará coa Olimpiada de Bioloxía que se celebra en Vigo o próximo ano

O próximo mes de abril Vigo acollerá a XI Olimpíada Española de Bioloxía na que o alumnado de Bacharelato de toda España medirá os seus coñecementos nesa materia. Nun encontro mantido este luns entre o alcalde e os representantes do Colexio Oficial de Bioloxía de Galicia, Abel Caballero amosou o seu apoio a esta cita e ás iniciativas que se desenvolvan no ámbito científico na cidade

luns, 19 out 2015
1445257444biologos.JPG
O rexedor recibiu este luns pola mañá a varios membros do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, que lle presentaron as actividades que se desenvolverán dentro da XI Olimpíada de Bioloxía que se celebrará en Vigo o próximo mes de abril. O concurso reunirá en Vigo a arredor de 75 mozas e mozos de Secundaria de toda España que medirán a súa excelencia e calidade no coñecemento da bioloxía.

O alcalde comprometeu o apoio do goberno local á organización do evento, tanto á Facultade de Bioloxía como ao Colexio Oficial de Biólogos de GAlicia, e declarou que lle gustaría que esta Olimpíada se converta nunha tradición, tal e como acontece coa de matemáticas que se ten consolidado na cidade e coa que "sempre coopera" o goberno local. Engadiu, tamén, que o Concello brindará o seu apoio a todas as iniciativas que se desenvolvan no ámbito científico na cidade.
Descargar todas as imaxes