Abel Caballero ofrece a cooperación das entidades locais para levar adiante medidas de eficiencia e aforro enerxético

luns, 8 ago 2022

Tras participar na reunión conxunta de conferencias sectoriais, manifestou o apoio da FEMP ao decreto que “se enmarca perfectamente no plan de mellora da eficiencia enerxética nas cidades” que a Federación aprobou o pasado maio. Para Caballero, a normativa do Goberno “vai na boa dirección” e permitirá elaborar en setembro un bo plan de continxencia, “continuación do actual” no que incorporar matices.

Abel Caballero recibe á alcaldesa de Toledo na súa visita a Vigo

mércores, 3 ago 2022

O alcalde recibiu na Alcaldía a Milagros Tolón, alcaldesa de Toledo e vicepresidenta da Federación Española de Municipios y Provincias. A primeira edil da capital de Castela-A Mancha elixiu Vigo para pasar uns días de vacacións coa sua familia. Para Caballero "é unha gran amiga" e acompañouna para coñecer os distintos puntos de interese da cidade, como O Castro, o proxecto Vigo Vertical, e a zona céntrica. Ambos os mandatarios tamén charlaron de política municipal, como mellorar as cidades, proxectos europeos e o que pódese facer neste ámbito.

Chega a Vigo o evento musical “Los40 Summer Live"

luns, 1 ago 2022

A cita será o mércores 3 de agosto a partir das 21:00 horas no aparcadoiro do Museo Verbum na praia de Samil. Abel Caballero presentou o cartel en rolda de prensa xunto ao director xeral do Grupo Radio Vigo, Eugenio González de Haz, e o xefe de emisoras musicais de Radio Vigo, Salvador García Cal.