Abel Caballero esíxelle á Xunta solucións á seca

xoves, 11 ago 2022

O alcalde lamenta que o goberno autonómico non aporte propostas nas xuntanzas “cando teñen eles as competencias” e solicita a actuación inmediata da Xunta no trazado da toma de emerxencia do Verdugo e Oitavén en augas baixas e o abastecemento da presa de Zamáns desde o Miño.

Abel Caballero: “O HALO vai dar a volta ao mundo”

martes, 9 ago 2022

Hoxe comezaron as obras do ascensor HALO coa colocación da simbólica primeira pedra por parte do alcalde, que estivo acompañado no acto por parte da equipa do goberno local, técnicos municipais, arquitectos e empresa construtora, entre outros. “É un modelo de facer cidade. Un modelo único. Non hai nada igual en ningún sitio”, afirmou Caballero.