Escoitar

O alcalde reúnese coa organización das Festas de Santa Ana de Beade

Abel Caballero recibiu este luns á comisión de festas de Santa Ana e puxo en valor o traballo desenvolvido na celebración deste ano, especialmente o do seu presidente Jesús Soutelo.

luns, 28 ago 2023

O rexedor trasladoulles a “cooperación total do Concello nas festas” lembrando a suba da asignación nun 300% “o que permite un maior desafogo financeiro” para as comisións. Segundo indicou, as festas patronais das parroquias son unha “grande tradición da cidade que queremos potenciar e incrementar”.

Amais, Caballero mencionou as festas de San Campio de Valadares que se están celebrando nestes momentos e que están sendo “outro grande éxito de afluencia”.

 

Descargar todas as imaxes