xoves, 31 agosto 2023

Caballero valora o éxito dos concertos de Castrelos 2023

xoves, 31 ago 2023

O alcalde manifestou que xa está a traballar nos concertos de Castrelos para o verán do ano 2024: “Este ano foi o mellor e o próximo será aínda mellor”, expresou ante os medios. Abel Caballero cualificou de “éxito e calidade” as actuacións deste verán, coa presenza de Andrés Calamaro, David Bisbal, Pablo López, Alejandro Sanz, a Coral Casablanca, Bad Gyal, Ana Mena, David Guetta e Beret, amais dos espectáculos infantís. Caballero di “é difícil calcular a asistencia” e cifrou a afluencia de público por enriba dos 600.000. Os concertos de Castrelos contaron cun “Punto Lila” para a concienciación na loita contra a violencia de xénero e a igualdade.

O alcalde reúnese co presidente e CEO de LG Electronics Iberia

xoves, 31 ago 2023

Abel Caballero mantivo unha xuntanza co presidente e CEO de LG Electronics Iberia, Jaime de Jaraíz, e o seu equipo. O alcalde recibiu a idea da directiva sobre “plantexar depósitos de carbono a través da plantación masiva de árbores en España”. Para Caballero “é unha idea brillante”, que recolle como alcalde de Vigo e presidente da FEMP e comprometeuse a recibir toda a información “para pronto poder falar dun plan de reforestación masiva en todo o país”.