venres, 1 setembro 2023

O Concello contrata o servizo de mantemento do Vigo Vertical

venres, 1 set 2023

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do contrato cun importe de 419.000 euros ata 2025. A empresa recibirá de xeito inmediato as incidencias e terá que actuar en menos de dous horas. A cidadanía poderá consultar na plataforma Smart City do Concello o estado dos 22 elementos mecánicos sometidos a control.

Abel Caballero recibe a Amencer - Aspace na súa ruta de visibilización

venres, 1 set 2023

O rexedor recibiu a traballadoras de Amencer - Aspace de distintos puntos da provincia de Pontevedra que están a facer una xincana para dar visibilidade á entidade. Trátase dunha asociación cuxo fin social é prestar atención de calidade a persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores. O alcalde di "estar na cooperación" e valorou o "traballo excepcional" que realizan estas traballadoras.