Escoitar

The Times sitúa a Vigo como a cidade máis "cool" de España

Un dos xornais máis prestixiosos do mundo, o británico The Times, sinala a Vigo como unha cidade ideal por su clima, a gastronomía e a educación de calidade. “Puxemos Vigo no mapa”, afirma Abel Caballero.

venres, 4 ago 2023

Un dos xornais máis prestixiosos do mundo, o británico The Times, sitúa a Vigo como a cidade máis “cool” de España. O alcalde valorou positivamente a noticia porque “puxemos Vigo no mapa, algo importantísimo”.

The Times destaca o noso clima, as Illas Cíes, o Casco Vello, a conexión directa entre Vigo e Londres, a importancia do porto pesqueiro e o marisco, os nosos viños, a gran estación comercial Vialia, o noso estilo de vida e a educación de calidade, entre outras.

Abel Caballero lembrou que nos últimos anos Vigo foi noticia e referencia para outros xornais como The New York Times, The Guardian, La Repubblica, etc.

Descargar todas as imaxes