Escoitar

O goberno local licita a obra para a rexeneración de Samil

O alcalde deu conta da aprobación en Xunta de Goberno da obra na Fase 1B que humanizará 450 metros da Avenida de Samil cun importe de 1.800.000 euros. O Ministerio para a Transición Ecolóxica é o encargado da Fase 1A que inclúe o novo paseo e a rexeneración dunar.

venres, 4 ago 2023

Abel Caballero anunciou a licitación das obras para a rexeneración dunar da praia de Samil na súa primeira fase, que comprende desde a praia da Fonte ata o a zona da pista de patinaxe. O goberno local inviste 1.800.000 euros na Fase 1B, que corresponde á humanización da Avenida de Samil. O Goberno de España a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica fará a Fase 1A, que inclúe o paseo e a rexeneración das dunas, cun importe de 2.126.150 euros. “Case 4 millóns de euros para ter máis praia, más paseo e humanizada a primeira parte da Avenida de Samil”, declarou o rexedor. As obras terán un prazo de execución de 9 meses.

A actuación na Fase I abarca 450 metros da Avenida, que acondicionarase para convertela nun tramo urbano: “Imos facer accesibles as zonas de aparcamentos en terra, con prazas en oblicuo de 4,6 metros de ancho e unha beirarrúa de 2,5 metros de ancho”. Na beirarrúa da praia renovarase o pavimento actual por outro novo drenante e terá un ancho de 6 metros, cunha saída natural ao paseo que construirá o Goberno de España.

A humanización inclúe medidas para o calmado do tráfico con pasos de peóns resaltados. Haberá novas luminarias led, renovación de abastecemento e saneamento, nova señalización e mobiliario urbano.

Descargar todas as imaxes