Xunta de Goberno Local
O alcalde asegura que Vigo gañará 80,8 millóns coa prórroga da concesión da auga, sen incrementar a tarifa
luns, 21 nov 2011O goberno local aprobou este luns a prórroga de cinco anos da concesión do servizo de auga, un acordo polo que a empresa Aqualia investirá 34,2 millóns en proxectos e na expropiación dos terreos da nova depuradora, o que fai posible que o Concello de Vigo deixe de pagar os 45 millóns de euros do IVE. "É unha prórroga extraordinariamente convinte para esta cidade", apuntou Abel Caballero, quen explicou que se manteñen as tarifas como están.
Caballero adianta que a próxima semana comezan os traballos de humanización de Severino Cobas
venres, 11 nov 2011A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os plans de seguridade e saúde das obras de humanización de Severino Cobas, o último trámite administrativo previo ao inicio desta reforma por valor de 3,5 millóns, que o alcalde datou na próxima semana. O goberno de Vigo tamén validou a contratación de 18 mulleres vítimas de violencia de xénero por un importe de 210.000 euros.
O goberno local aproba a reforma da estrutura interior da antiga Escola de Hostelería
venres, 21 out 2011O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres do acordo adoptado na Xunta de Goberno Local para aprobar o proxecto e a obra de reforma da estrutura interior do inmoble do Berbés, onde o Concello prevé habilitar o centro de inclusión social. O goberno investirá 225.000 euros en subsanar "deficiencias estruturais" nos accesos, nas escaleiras e no ascensor, imprescindibles para calquera uso municipal.