O Concello adica 87.000 euros ao novo sistema de radiocomunicacións da Policía Local

venres, 9 dec 2011

O alcalde de Vigo informou hoxe venres desta iniciativa, tras validar o goberno local a clasificación de ofertas para prestar este servizo. Trátase dun sistema de voz e datos que inclúe o aluguer das infraestruturas, un máximo de 255 equipos e o mantemento, que en casos graves será nun tempo menor á hora. Por outra banda, Caballero informou da concesión de 23 licenzas urbanísticas por valor de 350.000 euros na reunión da Xerencia celebrada esta mañá.

O alcalde asegura que Vigo gañará 80,8 millóns coa prórroga da concesión da auga, sen incrementar a tarifa

luns, 21 nov 2011

O goberno local aprobou este luns a prórroga de cinco anos da concesión do servizo de auga, un acordo polo que a empresa Aqualia investirá 34,2 millóns en proxectos e na expropiación dos terreos da nova depuradora, o que fai posible que o Concello de Vigo deixe de pagar os 45 millóns de euros do IVE. "É unha prórroga extraordinariamente convinte para esta cidade", apuntou Abel Caballero, quen explicou que se manteñen as tarifas como están.

Caballero adianta que a próxima semana comezan os traballos de humanización de Severino Cobas

venres, 11 nov 2011

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os plans de seguridade e saúde das obras de humanización de Severino Cobas, o último trámite administrativo previo ao inicio desta reforma por valor de 3,5 millóns, que o alcalde datou na próxima semana. O goberno de Vigo tamén validou a contratación de 18 mulleres vítimas de violencia de xénero por un importe de 210.000 euros.