Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 24 xan 2013


ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 25 DE XANEIRO DE 2013.

1.- Aprobación actas anteriores: Ses. ord. e extraord. Urxentes (2) 14-12, extr. urx. 19-12, extr. urx. 20-12, ordin. 21-12, extr. urxentes (2) 21-12, extr. urx. 26-12 e extr. urx. 27-12-12.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta das seguintes Sentenzas e Autos remitidos pola Asesoría Xurídica:

a) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo noRC-A PA nº 337/2012. Demandante: Dª Mª CARMEN LIMA GARRIDO. Obxecto: Resolución do 23 de agosto de 2012. Sanción Tráfico, estacionamento irregular (vao) e taxa guindastre. Sentenza, firme que estima o recurso, anula a sanción e ordena a devolución da taxa por retirada do vehículo aboada. Expte. 7675/111

b) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A PO nº 88/2012. Demandante: UNIVERSIDADE DE VIGO. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 14-11-2011. IBI 2010. Sentenza, non firme que desestima o recurso, con custas taxadas de oficio. Expdte. Nº 7244/111.

c) Sentenza nº 159 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 17/2011 PO (e C-1 PO 4/2011 acumulado). Demandante: VITRASA. Obxecto: Desestimación "presunta".Reclamación do 27-05-2010 de cantidades por déficit de servizo ("acumulado", en tarifas e investimentos). Desestima a apelación da actora Expdte. Nº 6433-111

d) Sentenza: nº 392 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. Demandante: "ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36". Obxecto: Desestimación presunta de "petición" do 19 de xullo de 2011 de retirada da Cruz do Castro. Non firme, estima parcialmente o recurso Expdte. Nº 7045-111

e) Sentenza: nº 747 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 4ª.no RC-A nº PO 5/15031/2010. Demandante: VODAFONE ESPAÑA, S.A. Obxecto: Ordenanza Fiscal (BOP 14-12-2009). Non firme, estima parcialmente o recurso, Expdte. Nº 5890-111.

f) Sentenza: nº 1 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 384/11 PO. Demandante: CANAL UNO DE COMUNICACIÓN, S.L. Obxecto: Desestimación presunta Reclamación de pagamento de 3 facturas (695/2006, 3/2007 e 161/2007). Non firme, estima o recurso. Expdte. Nº 6949-111

BENESTAR SOCIAL
3.- Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 1827/16, 353/14 e 1700/01.

CONTRATACIÓN
4.- Devolución de garantía: LF Escénica. Expte. 4347/241.

CULTURA
5.- Solicitude de autorización de Dª Marta Núñez Aboy para asistir á Feira Europea de Teatro para nenas e nenos Feten-2013. Expte. 14107/331.
EDUCACIÓN
6.- Convocatoria bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas: Subsanación de erro aritmético, renuncias e novas incorporacións. Expte. 14376/332.

EMPREGO
7.- Aceptación subvención complementaria da Memoria "Apoio á cidadanía na xestión administrativa, en concepto de mobilidade xeográfica de dúas traballadoras beneficiarias. Expte. 9447/77.

FESTAS
8.- Aprobación modificación bases de utilización do Auditorio municipal e modelos de autorización para aluguer e cesión temporal das instalacións. Expte. 4944/335.

IGUALDADE
9.- Solicitude de prórroga do IV Plan de Igualdade aprobado o 25/11/2009. Expte. 05805/224.

10.- Cesión temporal de vivenda municipal identificada no Rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais co nº F-00473-C-006. Expte. 5573/224.

PARQUE MÓBIL
11.- Solicitude autorización para enaxenación para chatarra de diversos materiais e obxectos depositados no Parque Central. Expte. 1930/448.


URBANISMO
12.- Disolución da Xunta de Compensación do PERI II-05 ROCÍO. Expte. 5074/401.

13.- Proxecto de expropiación da superficie destinada na actuación illada AA-01, para a nova localización da subestación de Balaídos derivada do desenvolvemento da APR A-3-23. Expte. 232/413.

14.- Rogos e preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día vinte e cinco de xaneiro de 2013 ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 23 de xaneiro de 2013.

O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez

A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, Dª. Mª Jesús Lago Rey.