Escoitar

O Concello imparte formación para a inserción no mercado de traballo e de iniciación á informática

O alcalde visitou hoxe xoves as clases ofertadas polo Concello no edificio municipal do Areal, 126 prazas -das que 35 continúan dispoñibles- habilitadas para a iniciación á informática, que inclúe correo e DNI electrónicos e Internet seguro para pais e nais. O Concello realiza igualmente formación orientada ao mercado laboral.

xoves, 24 xan 2013
1359031592cursos.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, visitaron este xoves dúas das clases dos cursos que imparte o Concello sobre informática. Iniciada este mes e ata o próximo 22 de marzo, a oferta total de alfabetización informática ascende a 126 prazas nos distintos grupos e horarios propostos, das que 35 continúan dispoñibles. A inscripción realízase no teléfono gratuito 010.

O Concello programa cursos de iniciación á informática en dous niveis, dependendo do grado de coñecementos dos usuarios, e específicos para menores e maiores de 65 anos. Ademais, a formación impartida inclúe a aprendizaxe de uso do correo e do DNI electrónicos, Internet seguro para pais e nais e un curso de memoria por ordenador dirixido aos maiores de 65 anos.

Segundo explicou Abel Caballero, o goberno de Vigo dispón igualmente de formación orientada á actividade económica e ao emprego. Caballero visitou hoxe ao alumnado dun curso dirixido a traballar en centros de atención telefónica, ademais doutro proxecto en marcha de venda a través da rede.
Descargar todas as imaxes