Escoitar

Caballero anuncia a plantación de tres árbores por cada un afectado polo temporal

O alcalde explicou este mércores que o temporal de vento e choiva dos últimos días derrubou alguns exemplares, singularmente no Castro e Samil, ante o que o Concello reporá cada un afectado con tres novas unidades, neste caso, 27 e 9 árbores respectivamente.

mércores, 23 xan 2013
Como parte do balance de danos causados polo temporal das últimas xornadas, Abel Caballero afirmou que dúas árbores caeron en Samil -e foi preciso talar outras tres unidades polo elevado risco de caída- e outras nove foron derrubadas no Castro. O goberno local plantará tres por cada un que sexa eliminado, seguindo o modelo da Avenida de Castelao.