Escoitar

O Concello cooperará cos afectados por preferentes na procura de información sobre as condicións das arbitraxes

O alcalde avanzou esta mañá que desde a oficiña de consumo municipal (OMIC) solicitarán información sobre as condicións das arbitraxes de preferentes, tal e como lle pediron os afectados cos que hoxe martes mantivo un encontro. Tal e como explicou, o Concello dirixirase a Novagalicia, á Xunta e ao FROB para axudar a estes "estafados" porque "recibiron un producto inversor de alto risco sen ser advertidos".

martes, 22 xan 2013
1358859404preferentes.JPG
O alcalde de Vigo defendeu hoxe martes a condición de aforradores dos afectados por preferentes, "que recibiron un produto inversor de alto risco sen ser advertidos". Logo dun encontro que mantivo cun grupo de representantes deste colectivos, Caballero reiterou o seu apoio "porque son aforradores que foron enganados e teñen toda a razón", engadindo que deben ser atendidos como aforradores e "resarcidos nos seus dereitos sobre as cantidades de cartos que invertiron en preferentes". Avanzou que esta asociación ya dispón dun local no Centro Cívico de Teis, unha dispoñibilidade á que se vai sumar a posibilidade de usar o Auditorio do Centro Cívico unha vez á semana, posto que a capacidade do local, 60 persoas, non é suficiente para acoller as súas reunións.

Durante a rolda de prensa, trasladou a vontade de cooperación do Concello para obter información sobre a situación das arbitraxes e as súas condicións para ser aceptadas ou non. A través da OMIC, explicou, vaise solicitar información de Novagalicia Banco, da Xunta e do FROB, organismo responsable. Adicionalmente, ademais de manter un contacto "fluído", o rexedor ofreceu aos estafados asesoramiento xurídico dos técnicos municipais, ao igual que o fixera cos afectados polos desafiuzamentos.
Descargar todas as imaxes