Escoitar

O Concello faise cargo da teleasistencia tras suprimir o Goberno de España o seu financiamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adoptou esta decisión e a administración local asumirá o coste económico de manter o servizo gratuito de teleasistencia ás 590 persoas viguesas beneficiarias deste sistema, maiores que viven sos, despois de que o Goberno de España e a Deputación de Pontevedra deixaran de financialo.

luns, 21 xan 2013
Pese a non ser competencia das administracións locais, o Concello de Vigo decidiu asumir o gasto e manter o servizo gratuito de teleasistencia, despois de ser recortado polo Goberno de España -a través do Imserso- e a Deputación de Pontevedra. O goberno local reclamará á Xunta de Galicia -administración competente en materia social- os cartos derivados da prestación deste servizo por vía administrativa e, de non ser atendido o requerimento, pola xudicial.