Escoitar

O goberno local inicia o trámite de expropiación para a nova subestación eléctrica de Balaídos

Segundo informou Caballero, Urbanismo deu hoxe venres luz verde ao inicio do trámite expropiatorio para a futura estación eléctrica soterrada, máis de 11.000 m2 de terreos valorados en 3,4 millóns que costeará a empresa, encargada tamén de urbanizar o entorno.

venres, 18 xan 2013
Trátase dun "novo paso no desenvolvemento do PXOM", asegurou Caballero en rolda de prensa, "moi importante para a cidade" que comeza cun mes de información pública e notificación aos titulares da proposta cun prazo de 30 días para alegacións. Será "un novo desenvolvemento de Balaídos", apuntou.

En virtude de convenio asinado polas partes, será a empresa FENOSA a que se fará cargo do coste da expropiación dos terreos e da urbanización do entorno da estación eléctrica, tal e como explicou o rexedor.