O goberno de Vigo adica 700.000 euros á humanización de As Camelias
A avenida das Camelias será humanizada durante os próximos 5 meses, renovando paviemento e conduccións. Tal e como precisou hoxe venres o rexedor, o orzamento é de 700.000 euros e os traballos respectarán as árbores existentes, así como as farolas, das que só se cambiarán as luminarias para reducir o consumo.
A Xunta Local de Goberno deu luz verde esta mañá ao proxecto de renovación das redes de abastecemento e saneamento da Avenida das Camelias, "unha das rúas máis deterioradas da cidade", dixo o rexedor hoxe venres. Concretamente, humanizarase o tramo desde Álvaro Cunqueiro ata a rúa Ourense, cun orzamento de 700.000 euros e un prazo de execución de 5 meses. Tal e como explicou, renovaránse pavimentación, conduccións de saneamento, pluviais e abastecemento, mentres que se manterán as árbores existentes, o número de aparcamentos, así como as farolas, aínda que se cambiarán as luminarias para reducir o consumo e mellorar a eficiencia enerxética.
Respecto do tráfico, manterase unha banda de aparcamento, e tres carrís, uno deles carril bus e taxi en dirección As Travesas. Asimesmo, potenciarase a xardinería, coa incorporación de novas xardineras.
Servizo de comunicacións
O goberno local tamén aprobou hoxe venres a saída a concurso público dos servizos de telefonía fixa, móvil e internet. Adxudicarase por 4 anos, máis dous prorrogables, o que suporá, segundo o alcalde, un aforro de alomentos un 20% na factura municipal. A adxudicataria terá que facer un importante investimento en infraestruturas de rede, precisou o rexedor.
Por último, Caballero destacou os case tres millóns de euros anuais que adica o Concello a asistencia domiciliaria para atender a arredor de 800 dependentes na cidade.
Descargar todas as imaxes