O goberno local habilitará 600 aparcamentos gratuitos en Navia e priorizará aos residentes
O alcalde anunciou este martes que o Concello iniciará de inmediato as obras para crear 597 novas prazas de aparcamento no entorno de Teixugueiras, empregando principalmente espacios entre edificios. Caballero apuntou que un número "importante" destes estarán reservados para residentes en Navia.
Abel Caballero avanzou hoxe martes a construción de 597 novas prazas de aparcamento públicas no entorno de Teixugueiras, en Navia, habilitando ao efecto traseiras e espazos entre edificios.
Segundo expuxo o alcalde, "van ser de forma moi importante aparcamentos para residentes", ainda que non en exclusiva, e serán "respetuosos" co entorno, similares aos estacionamentos da Cidade Universitaria de Vigo.
Abel Caballero cualificou de "prioritaria" esta medida por ser Navia unha zona viguesa que presenta un "déficit" de prazas para vehículos, polo que o goberno local adicará o orzamento "que faga falta".
Máis instalacións
O alcalde vigués tamén anunciou que o goberno local establecerá unha nova horta urbana en Navia, dentro do parque, onde xa ten disposto o sistema de rego. Por outra banda, o Concello, igualmente no entorno da zona verde, vai facer dúas novas instalacións deportivas: un campo de fútbol sete e outro para balonman e baloncesto.
Descargar todas as imaxes